lunes, 26 de octubre de 2009

Amor e fluídos, primeiro videoclip da narrativa galega

Cando un grupo de música quere promocionar unha canción crea un videoclip, unha versión en imaxes da letra da canción.
Pero, que pasaría se tentásemos facer o mesmo cun relato curto dun escritor? Pois aquí o tedes, presentámosvos o primeiro videoclip da narrativa galega. Camilo Franco e Antón Reixa codirixen a adaptación do relato "Amor e fluídos", do libro Palabras contadas, con música de Maxín Blanco.

jueves, 22 de octubre de 2009

Concurso de relato curto de ciencia ficción


Animádevos a participar neste concurso que organiza Gradiant, o centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia. Podedes gañar unha Nintendo DSi!!

Estas son as bases:

BASES DO CONCURSO

Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, coa financiación da Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria e no marco da Semana da Ciencia convoca o I Concurso de Relatos Curtos de Ciencia Ficción, baseándose no tema "A túa escola do futuro".

Quen pode participar:

A convocatoria divídese en tres categorías:

CATEGORÍA C: Alumnos do primeiro ciclo de Secundaria (1º e 2º)
CATEGORÍA B: Alumnos de segundo ciclo de Secundaria (3º e 4º)
CATEGORÍA A: Alumnos de Bacharelato (1º e 2º)

Que pedimos

Nos tres casos terán que entregar un relato curto, en galego, e cinguido ás bases correspondentes á súa categoría, do xénero ciencia ficción, no que se presenten ideas sobre a tecnoloxía na escola nun futuro próximo. Pódese complementar con ilustracións ou deseños das propostas de innovación que aparezan en cada traballo.

Extensión dos relatos:

A extensión será dun máximo de dous folios na categoría C e tres folios nas categorías A e B, sendo a presentación en tódolos casos mecanografiada, con formato fonte Arial tamaño 12 e con interlineado dobre. No tocante ó contido, na categoría A teranse que incluír un mínimo de tres innovacións técnicas aplicadas á ensinanza e escola e dúas innovacións técnicas no fogar, na categoría B un mínimo de dúas innovacións técnicas aplicadas á ensinanza e escola e unha innovación técnica no fogar, e na categoría C un mínimo de dúas innovacións técnicas aplicadas á ensinanza e escola. As ilustracións presentaranse en folios á parte do texto.
Os relatos firmados con pseudónimo e por triplicado deben ser enviados por correo ordinario xunto cun sobre pechado que inclúa os datos de contacto do autor (nome, centro, dirección, teléfono do centro no que estuda e email) antes do dia 11 de novembro de 2009 a:


GRADIANT ETSI Telecomunicación. Lagoas Marcosende, s/n. 36310, Vigo
ou a
actividades@gradiant.org Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo


En caso de dúbida, póñanse por en contacto con actividades@gradiant.org Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou 986 81 86 37.

Os premios:

Unha Nintendo DSi para cada un dos gañadores en cada unha da tres categorías e dous accesit por categoría consistentes nun lote de libros. Ademais, a organización farase cargo dos gastos de desprazamento dos compañeiros de clase do gañador/a do primeiro premio ata Vigo, para asistir á entrega de premios e a unha visita guiada polas instalación de Gradiant.
Calquera dos participantes pode solicitar unha visita guida para a súa clase ó Centro. Contáctanos no 986 81 86 37.

Shin Chan, salvador do mundo!


O último título en galego de Shin Chan, a serie de animación infantil que protagoniza o rebuldeiro Shinnosuke, estará á venda a partir de outubro nas principais cadeas comerciais de Galicia. Grazas á colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, os nenos e nenas galegos poderán gozar dunha nova aventura da familia Nohara en galego, lingua na que se popularizou esta exitosa serie infantil na comunidade. O DVD, que se distribuirá en todo o territorio español, ofrece, ademais da galega, unha versión en castelán, en catalán e en éuscaro.

Salvagardar o mundo do ataque dos monstros
Neste novo título, “Shin Chan, 3 minutos para salvar o mundo”, o pequeno fervellasverzas terá que enfrontarse a numerosos monstros que intentarán ameazar o equilibrio do planeta. O ataque destes monstros espertará a sede de xustiza de Shinnosuke e a súa familia, que intentarán devolver o mundo á normalidade. Para conseguir superar a proba con éxito, Shin Chan, acompañado polos seus amigos, emulará os seus heroes preferidos: o Porquiño Pirata, Ultraheroe e mais Súper-Robot.

Unha aposta pola dobraxe e a oferta de lecer infantil en galego
O vindeiro mes de novembro está previsto que vexa a luz o DVD co novo título en galego da serie infantil Doraemon. Recentemente, o departamento da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que dirixe Anxo Lorenzo tamén facilitou a dobraxe ao galego dos títulos “Doraemon. Odisea no espazo” e mais “Shin Chan. A guerra dos balnearios”, que saíron á venda o pasado mes de xuño.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove estas dobraxes ao galego co obxectivo de contribuír a ampliar a oferta no idioma propio dos produtos de lecer de maior éxito no mercado. A oferta de filmes en lingua galega pode consultarse na web en www.xunta.es/linguagalega/cine_en_galego.

O novo album de Astérix en galego!


Logo das continuas reclamacións dos últimos anos, semella que a relación de Astérix coa nosa lingua comezan a se normalizar. O álbum que conmemora o 50 anos de historias deste galo, O Aniversario de Astérix e Obélix - O Libro de Ouro está desde hoxe dispoñible nas librarías no noso idioma, ao tempo que se fai o lanzamento mundial noutras trece linguas. A obra, publicada pola editorial Salvat, achega 56 páxinas inéditas centradas na celebración do aniversario dos personaxes. Como curiosidade, na versión castelá da obra, méntase ao cantante Juan Pardo como xeito de adaptar unha brincadeira do orixinal francés.


martes, 13 de octubre de 2009

"O doador" faise co Premio ao Mellor Guión no Festival de Ourense OFF Escola

O noso centro está de noraboa: Óscar Núñez, profesor do noso instituto, vén de gañar o Premio Blanco Amor ao Mellor Guión no OFF Escola, a sección de curtas escolares do Ourense Film Festival.
A curta presentada por Óscar Núñez, "O doador", realizouse o curso pasado dentro do Grupo de Traballo de Obradoiro Audiovisual. Nela participaron os alumnos de 2º de Bacharelato e outros profesores do Grupo de Traballo.
Noraboa, Óscar!
E para os que non a vistes, premede nos enlaces para vela!!


Benvida aos alumnos de 1º ESO

Comezou o curso 2009-2010 e temos novos compañeiros no centro. Para darlles a benvida, a Dirección do centro preparou un vídeo de benvida.
Ánimo a todos!