domingo, 10 de junio de 2012

O principiño no Leliadoura

Ao longo deste trimestre, organizáronse no IES Leliadoura diversas actividades arredor da obra de Saint-Exupèry, O principiño.
Comezamos coa exposición sobre O principiño da Fundación Carlos Casares. Foi este autor quen traduciu por primeira vez ao galego este clásico universal e quen foi atesourando unha importante colección de traducións a diversas linguas. Puidemos ver exemplares nas linguas máis diversas: italiano, romanés, alemán, portugués, bergamasco, ruso, xaponés, chinés, uzbeko, macedonio...
Logo, cos traballos de creación plástica que elaboraron os alumnos de Educación Infantil da Pobra do Caramiñal e os alumnos de Plástica do noso centro, organizouse unha exposición. Na sala de Usos Múltiples coincidiron os debuxos, as creacións artísticas, os decorados e atrezzo sobre os personaxes da obra, máis exemplares traducidos...
Alumnos e profesores do centro fixeron unha lectura multilingüe d' O principiño: léronse fragmentos en castelán (Brais Regueiro), romanés (Petronela Moisoiu), galego (Xela Calvo), francés (Fernando Regueira), inglés (Pablo Vilas), chinés (Chen Hui), árabe (Karima Wahmid), latín (Esperanza Abalo) e italiano (Marusela).
Finalmente, alumnos de 2º da ESO escenificaron e teatralizaron a obra.
Como mostra de toda esta creatividade aquí tedes un vídeo:


 
Try our slideshow creator at Animoto.



martes, 22 de mayo de 2012

Móllate co galego!

Un ano máis o ENDL, xunto co Dpto. de Plástica do IES Leliadoura, convocou o concurso de Deseño e Lema. Nesta ocasión o tema elixido foi o mar. Aquí tedes un pequeno vídeo cos deseños presentados. Esperamos que vos guste!


martes, 8 de mayo de 2012

II Concurso Galeoke

O ENDL organiza, dentro das actividades da Semana Cultural, a 2ª edición do concurso de Galeoke.
Anímate e participa!!

Consulta máis información.

martes, 24 de abril de 2012

I Concurso de Cómic

Pois xa temos gañadores do I Concurso de Cómic organizado polo ENDL, coa colaboración dos Departamentos de Plástica e de Lingua Galega. Aquí van os seus nomes:

  • Salomé Fernández González (1º ESO A): "A pantasma apesarada"
  • María Crujeiras (1º BAC A): "A máquina dos contos"
  • Araceli González Sampedro (4º ESO B): "Unha mala sentencia"

En breve recibirán os seus agasallos. Noraboa ás tres!!

Aquí podedes ver os seus traballos: