miércoles, 30 de abril de 2008

Premios Fotonovelas

Mellor Fotonovela 2008: Premonicións
Premio do Público: Os Ionquis da Alameda
Mellor guión: A Fotonovela Interminable
Mellor Fotografía: Son de Amores
Mellor Banda Sonora: Os Ionquis da Alameda
Mellor Fotomontaxe: Destino imposible
Mellor Fotonovela de Animación: Paixón de Gaivotas
Mellor Interpretación: Misterio en Moscova

miércoles, 23 de abril de 2008

Lingua de @mor

O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a segunda edición de Lingua de Amor, un concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico.
Un dos principais obxectivos de Lingua de Amor é dinamizar o uso da lingua galega por parte dos mozos e mozas nos novos espazos de comunicación: correos electrónicos, chats, foros... O galego é unha lingua útil para os momentos de lecer e diversión. O galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, de facer amigos e... por que non? Tamén para formar parellas!


Para ver as bases do concurso fai click no seguinte enlace Lingua de Amor .

martes, 22 de abril de 2008

Parecidos Razonables

Creamos unha sección na revista en onde poñeremos fotos de persoas do instituto que teñen semellanza con outras famosas. Se sabes dalguén que poida aparecer nesta sección, deixanos un comentario ou manda un correo a impinxidela@gmail.com

Un saúdo!

viernes, 18 de abril de 2008

Semana Cultural no IES Leliadoura

Como celebración do Día Internacional do Libro (23 de abril) vanse celebrar no centro, unha serie de actividades didácticas ó longo de toda a semana seguinte.
Para pechar a semana, celebrarase un festival onde se nomearán os gañadores do I Concurso de Fotonovelas organizado polo ENL.


Consulta o horario de actividades na porta de entrada e na porta de xefatura.

jueves, 17 de abril de 2008

Impinxidela regresa!!!

A revista do IES Leliadoura o regresa con forzas renovadas.
Se queredes participar con algunha proposta (creación, debuxo, deseño, textos...Bótalle imaxinación!) Envíanola a impinxidela@gmail.com ou deixa un comentario.