miércoles, 12 de junio de 2013

Xogos Populares no Leliadoura

Achégase o final de curso e no Centro estamos preparando a Xincana de todos os anos no Parque de San Roque. Como novidade, este ano, ademais das Actividades de Lingua, teremos tamén Xogos Populares. Para irdes practicando un pouco, aquí tedes un paquete de actividades feitas en Ardora por Tista Ramos. Picade na foto e accederedes ás actividades


domingo, 10 de junio de 2012

O principiño no Leliadoura

Ao longo deste trimestre, organizáronse no IES Leliadoura diversas actividades arredor da obra de Saint-Exupèry, O principiño.
Comezamos coa exposición sobre O principiño da Fundación Carlos Casares. Foi este autor quen traduciu por primeira vez ao galego este clásico universal e quen foi atesourando unha importante colección de traducións a diversas linguas. Puidemos ver exemplares nas linguas máis diversas: italiano, romanés, alemán, portugués, bergamasco, ruso, xaponés, chinés, uzbeko, macedonio...
Logo, cos traballos de creación plástica que elaboraron os alumnos de Educación Infantil da Pobra do Caramiñal e os alumnos de Plástica do noso centro, organizouse unha exposición. Na sala de Usos Múltiples coincidiron os debuxos, as creacións artísticas, os decorados e atrezzo sobre os personaxes da obra, máis exemplares traducidos...
Alumnos e profesores do centro fixeron unha lectura multilingüe d' O principiño: léronse fragmentos en castelán (Brais Regueiro), romanés (Petronela Moisoiu), galego (Xela Calvo), francés (Fernando Regueira), inglés (Pablo Vilas), chinés (Chen Hui), árabe (Karima Wahmid), latín (Esperanza Abalo) e italiano (Marusela).
Finalmente, alumnos de 2º da ESO escenificaron e teatralizaron a obra.
Como mostra de toda esta creatividade aquí tedes un vídeo:


 
Try our slideshow creator at Animoto.



martes, 22 de mayo de 2012

Móllate co galego!

Un ano máis o ENDL, xunto co Dpto. de Plástica do IES Leliadoura, convocou o concurso de Deseño e Lema. Nesta ocasión o tema elixido foi o mar. Aquí tedes un pequeno vídeo cos deseños presentados. Esperamos que vos guste!


martes, 8 de mayo de 2012

II Concurso Galeoke

O ENDL organiza, dentro das actividades da Semana Cultural, a 2ª edición do concurso de Galeoke.
Anímate e participa!!

Consulta máis información.

martes, 24 de abril de 2012

I Concurso de Cómic

Pois xa temos gañadores do I Concurso de Cómic organizado polo ENDL, coa colaboración dos Departamentos de Plástica e de Lingua Galega. Aquí van os seus nomes:

  • Salomé Fernández González (1º ESO A): "A pantasma apesarada"
  • María Crujeiras (1º BAC A): "A máquina dos contos"
  • Araceli González Sampedro (4º ESO B): "Unha mala sentencia"

En breve recibirán os seus agasallos. Noraboa ás tres!!

Aquí podedes ver os seus traballos:


viernes, 4 de noviembre de 2011

Día da Ciencia en Galego

O 4 de novembro celébrase o Día da Ciencia en Galego. Á parte das actividades que imos realizar no centro, invitámosvos a ver este vídeo de symphonyofscience.com, onde fan remixes musicais a partir de fragmentos de discursos e entrevistas a científicos. Este que traducimos ao galego é "A Poesía da Realidade (Un Himno á Ciencia)", e nel distintos científicos nos dan a súa visión e explicación de que é a Ciencia.
Esperamos que vos guste!


domingo, 30 de octubre de 2011

O galego e o mar

Un ano máis o ENDL do centro, xunto co Dpto. de Plástica, convoca un concurso de Deseño e Lema. Este ano o tema é o mar. Tedes que presentar un deseño que inclúa un lema relacionando o galego co mar. Animádevos! Tedes ata o 10 de novembro e, por suposto, haberá premios!
 Para que vos inspiredes un pouco, aquí tedes os deseños presentados o curso pasado, que relacionaban o galego coa ciencia.


viernes, 29 de abril de 2011

Letras Galegas 2011

Xa temos aquí o Día das Letras Galegas 2011. Este ano adícaselle ao poeta Lois Pereiro.
Para traballarmos sobre a súa figura elaboramos a webquest Descubrindo a Lois.
Hai infinidade de recursos e información na páxina da Coordinadora de Equipos de Normalización.

martes, 26 de abril de 2011

I Concurso Galeoke

A música que levas dentro!
Pois no Leliadoura queremos que a saques fóra e demostres as túas habilidades co micrófono.
O Equipo de Normalización convoca un concurso de Galeoke (o karaoke con cancións galegas). Será do 9 ao 13 de maio e deberás apuntarte antes.
E se non sabes as cancións non tes escusas. Aquí na marxe do blog tes unha lista das cancións e dos vídeos que podes reproducir as veces que queiras.
Anímate e participa!




jueves, 24 de febrero de 2011

III Concurso Audiovisual en galego

Un ano máis o ENDL do IES Leliadoura organiza un concurso audiovisual en galego. Está dirixido a toda a comunidade educativa do noso centro e ten como obxectivo promocionar o emprego do galego coas novas tecnoloxías. A temática das pezas audiovisuais será libre e deberá estar feita en galego.
Pica na imaxe para ver as Bases.
Anímate e participa!


jueves, 27 de enero de 2011

Impinxidela, nº 10

Para os que chegan novos este ano, para os que estaban o ano pasado e non se decataron, para os que non quixeron gastar 1'5 €, para os que se queiran recrear, para os que a perderon, para os que prefiren as novas tecnoloxías, para os que teñan e-book, para os que a queiran compartir, tuitear ou facebookear, para os que queiran continuala... para todos... aquí tedes a Impinxidela do curso 2009-2010!!!


Xa estamos a traballar na deste curso.
Se queres colaborar con algún texto, mándonolo a impinxidela@gmail.com
Colabora!

O galego e a ciencia

O IES Leliadoura tamén se sumou no primeiro trimestre ás actividades organizadas para defender o uso do galego nas materias de Ciencias, Tecnoloxía e Matemáticas. O ENDL, como en anos anteriores, organizou un concurso de deseño e lema. Este ano o concurso xirou arredor da ciencia.
Os deseños gañadores foron os de María Crujeiras Abraldes e Aida Teira Oujo, de 4º de ESO.
Noraboa ás dúas!


viernes, 7 de mayo de 2010

II Concurso Audiovisual Galego OlloBoi


O ENDL e mais o Grupo Rodaxe organizan desde o IES Leliadoura o II Concurso Audiovisual Galego OlloBoi.

O que se pretende nesta edición é recompilar traballos audiovisuais non profesionais preferiblemente en lingua galega.
Se tes un vídeo que presentar só tes que telo pendurado dalgunha web (youtube, vimeo, daylimotion, etc) e cubrir o formulario de inscrición en http://rodaxe.info.
Pero dáte présa, o prazo remata o 10 de maio!

Do 10 ao 18 de maio poderase acceder e visualizar os traballos presentados así como votar polo teu preferido. Entre todos os votantes sortearanse lotes de camisetas e DVDs cos vídeos do concurso.

A entrega de premios levarase a cabo nun acto público celebrado o 18 de maio ás 21:00 no Auditorio de Ribeira. Estás invitado!

Máis información sobre bases, prazos, premios e regalos en http://rodaxe.info, escribindo a rodaxe@gmail.com ou chamando ao 666.676.377 (Óscar).

Participa e difunde!

miércoles, 28 de abril de 2010

Dous enlaces de interese

Desde hoxe contamos con dous enlaces de interese no noso blog. Un deles é o do Blog da nosa Biblioteca, onde se irán anunciando novidades e actividades e que fomentará a participación de todos con suxestións e enquisas.
O outro é o de Rodaxe. Obradoiro Audiovisual, a páxina do Grupo de Traballo sobre o Audiovisual onde participan profesores do noso centro e doutros centros da comarca. Nesta páxina danse a coñecer Proxectos e actividades e difúndense os traballos realizados polo grupo e outros considerados de interese.
Non deixedes de visitalos.

viernes, 5 de febrero de 2010

II Concurso Audiovisual en Galego

O ENDL convoca a 2ª edición do Concurso Audiovisual en Galego. O obxectivo é promocionar o emprego da lingua galega coas novas tecnoloxías. Podedes participar en tres modalidades: curtametraxe, fotonovela e presentación powerpoint.
Animádevos e participade!

Pica na imaxe para ver as Bases.


lunes, 25 de enero de 2010

Manifestación do 21 de xaneiro

Aquí tedes un vídeo sobre a manifestación do pasado 21 de xaneiro en contra do decreto do plurilingüismo. O vídeo foi realizado polo ENDL do IES Porto do Son.

Manifestación "Queremos Galego" 21-01-2010 from SonCine on Vimeo.

A nova lingua de Feijoo!!

Despois de presentadas as Bases para o Decreto do Plurilingüismo, da supermanifestación do 21 de xaneiro, da rolda de entrevistas e conversas na procura do "consenso"... a cousa parece que vai quedar algo así como o que podedes ler a seguir:

Xa viña sendo time de que el new president descubrise the magic solution to the cosa de la lengua no Galician Country. The solution é o chamado “castrapo enriquecido”, al que también chaman “eurocastrapo”, “triglosia feijooooana”, amablingua , “galcasinglish” ou, na Galicia Sur, simplemente “feixoada”. Basically consiste en ser amables. You are moi amable, in such a way que no ofendas a nobody arround. Because the cosa es no imponer, e se ti escolles one language –only one, ollo!- ti andas imponiéndote que nin a milk! So, first asunto: amabilidade, gentleness e, especially, never, never, never, mesmo nunca, fales only in the regional idioma.

The second cosa vén sendo a closing down das galescolas, que finally serán substituídas by “trilingüelas” (not “bi”, but “tri”), to properly enseñar the new lengua. This is, efectivamente, the solution to the cuadratura of the circle: combinar a “soberanía lingüística” dos pais, with the deber of promoting e facer normal o galego, sin ofender a la lengua de Rosa Díaz, and also co obxectivo de trilingüizar aos nenos and little girls.

So, a nai escolle, e choose o que choose, sempre ficará happy, ya que a súa escolla is included in the eurocastrapo. In fact, this feixoada is the “tres in one”, very inclusive and amabilismo.

At the same time, the Xunta resolverá o “problem” educativo, sen que such a thing lle supoña un quebranto presupuestario. Efectivamente, as a matter of fact, o novo language non ten a very precise normas, and predomina a única and conocida only norma do “tanto ten, ti vai disimulando”, que se complementa coa de “never rained que non escampara”. Así, the teachers training is going to ser very barrato, barrato, cal carpet of magrebí.

And, by the way, if non caíches na conta, este artículo is the first one written in the new idioma. Buena luck and remember o que di the song: non te warrees, be happy, tra,la,la,la,la,la,la,la….

domingo, 10 de enero de 2010

Número especial d' O lingoreteiro

Aproveitando as vacacións da comunidade educativa, e antes de rematar o ano para cumprir as promesas electorais, o goberno galego publicou as Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Aquí tedes un resumo dos aspectos máis destacados dese borrador. Avecíñanse malos tempos para o galego!!