sábado, 14 de noviembre de 2009

Turismo Semántico (I): A Illa Sentimental

A miña illa

Na illa onde vivo podemos atopar dúas cidades. Unha delas chámase Cidade da Tenrura; é na que vivo eu, aínda que nos veráns vou á casa que temos xunto á Praia das Miradas, onde veranea moita xente. É o lugar máis visitado, pois din que a xente vén para bañarse no Mar da Felicidade.
Aínda que pareza moi grande, todas as persoas de aquí nos coñecemos, porque todas as fins de semana imos á Montaña dos Encontros. É o único momento no que a xente descansa, pois pola semana ten que traballar.
A outra cidade da illa é a Cidade do Desamor. Alí o modo de vida é moi diferente. Todo se basea na tristeza, nas mentiras, no odio..., todo debido ao desamor que hai entre a xente. Alí vive xente fría e pouco sociable. Seino porque vive meu tío, pois miña tía marchou con outro e non sabe nada dela, só sabe que está vivindo na Illa dos Besos, un pouco máis ao sur da nosa illa.
Ana Paz Parada (3º ESO B)

1 comentario:

Anónimo dijo...

moii Benn FeiiToo annaa !!



teQueremos