viernes, 4 de noviembre de 2011

Día da Ciencia en Galego

O 4 de novembro celébrase o Día da Ciencia en Galego. Á parte das actividades que imos realizar no centro, invitámosvos a ver este vídeo de symphonyofscience.com, onde fan remixes musicais a partir de fragmentos de discursos e entrevistas a científicos. Este que traducimos ao galego é "A Poesía da Realidade (Un Himno á Ciencia)", e nel distintos científicos nos dan a súa visión e explicación de que é a Ciencia.
Esperamos que vos guste!


domingo, 30 de octubre de 2011

O galego e o mar

Un ano máis o ENDL do centro, xunto co Dpto. de Plástica, convoca un concurso de Deseño e Lema. Este ano o tema é o mar. Tedes que presentar un deseño que inclúa un lema relacionando o galego co mar. Animádevos! Tedes ata o 10 de novembro e, por suposto, haberá premios!
 Para que vos inspiredes un pouco, aquí tedes os deseños presentados o curso pasado, que relacionaban o galego coa ciencia.


viernes, 29 de abril de 2011

Letras Galegas 2011

Xa temos aquí o Día das Letras Galegas 2011. Este ano adícaselle ao poeta Lois Pereiro.
Para traballarmos sobre a súa figura elaboramos a webquest Descubrindo a Lois.
Hai infinidade de recursos e información na páxina da Coordinadora de Equipos de Normalización.

martes, 26 de abril de 2011

I Concurso Galeoke

A música que levas dentro!
Pois no Leliadoura queremos que a saques fóra e demostres as túas habilidades co micrófono.
O Equipo de Normalización convoca un concurso de Galeoke (o karaoke con cancións galegas). Será do 9 ao 13 de maio e deberás apuntarte antes.
E se non sabes as cancións non tes escusas. Aquí na marxe do blog tes unha lista das cancións e dos vídeos que podes reproducir as veces que queiras.
Anímate e participa!




jueves, 24 de febrero de 2011

III Concurso Audiovisual en galego

Un ano máis o ENDL do IES Leliadoura organiza un concurso audiovisual en galego. Está dirixido a toda a comunidade educativa do noso centro e ten como obxectivo promocionar o emprego do galego coas novas tecnoloxías. A temática das pezas audiovisuais será libre e deberá estar feita en galego.
Pica na imaxe para ver as Bases.
Anímate e participa!


jueves, 27 de enero de 2011

Impinxidela, nº 10

Para os que chegan novos este ano, para os que estaban o ano pasado e non se decataron, para os que non quixeron gastar 1'5 €, para os que se queiran recrear, para os que a perderon, para os que prefiren as novas tecnoloxías, para os que teñan e-book, para os que a queiran compartir, tuitear ou facebookear, para os que queiran continuala... para todos... aquí tedes a Impinxidela do curso 2009-2010!!!


Xa estamos a traballar na deste curso.
Se queres colaborar con algún texto, mándonolo a impinxidela@gmail.com
Colabora!

O galego e a ciencia

O IES Leliadoura tamén se sumou no primeiro trimestre ás actividades organizadas para defender o uso do galego nas materias de Ciencias, Tecnoloxía e Matemáticas. O ENDL, como en anos anteriores, organizou un concurso de deseño e lema. Este ano o concurso xirou arredor da ciencia.
Os deseños gañadores foron os de María Crujeiras Abraldes e Aida Teira Oujo, de 4º de ESO.
Noraboa ás dúas!