Animádevos a participar neste concurso que organiza Gradiant, o centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia. Podedes gañar unha Nintendo DSi!!
Estas son as bases:
BASES DO CONCURSO
Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, coa financiación da Dirección Xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria e no marco da Semana da Ciencia convoca o I Concurso de Relatos Curtos de Ciencia Ficción, baseándose no tema "A túa escola do futuro".
Quen pode participar:
A convocatoria divídese en tres categorías:
CATEGORÍA C: Alumnos do primeiro ciclo de Secundaria (1º e 2º)
CATEGORÍA B: Alumnos de segundo ciclo de Secundaria (3º e 4º)
CATEGORÍA A: Alumnos de Bacharelato (1º e 2º)
Que pedimos
Nos tres casos terán que entregar un relato curto, en galego, e cinguido ás bases correspondentes á súa categoría, do xénero ciencia ficción, no que se presenten ideas sobre a tecnoloxía na escola nun futuro próximo. Pódese complementar con ilustracións ou deseños das propostas de innovación que aparezan en cada traballo.
Extensión dos relatos:
A extensión será dun máximo de dous folios na categoría C e tres folios nas categorías A e B, sendo a presentación en tódolos casos mecanografiada, con formato fonte Arial tamaño 12 e con interlineado dobre. No tocante ó contido, na categoría A teranse que incluír un mínimo de tres innovacións técnicas aplicadas á ensinanza e escola e dúas innovacións técnicas no fogar, na categoría B un mínimo de dúas innovacións técnicas aplicadas á ensinanza e escola e unha innovación técnica no fogar, e na categoría C un mínimo de dúas innovacións técnicas aplicadas á ensinanza e escola. As ilustracións presentaranse en folios á parte do texto.
Os relatos firmados con pseudónimo e por triplicado deben ser enviados por correo ordinario xunto cun sobre pechado que inclúa os datos de contacto do autor (nome, centro, dirección, teléfono do centro no que estuda e email) antes do dia 11 de novembro de 2009 a:
Os premios: Unha Nintendo DSi para cada un dos gañadores en cada unha da tres categorías e dous accesit por categoría consistentes nun lote de libros. Ademais, a organización farase cargo dos gastos de desprazamento dos compañeiros de clase do gañador/a do primeiro premio ata Vigo, para asistir á entrega de premios e a unha visita guiada polas instalación de Gradiant.
GRADIANT ETSI Telecomunicación. Lagoas Marcosende, s/n. 36310, Vigo
ou a
actividades@gradiant.org
En caso de dúbida, póñanse por en contacto con actividades@gradiant.org ou 986 81 86 37.
Calquera dos participantes pode solicitar unha visita guida para a súa clase ó Centro. Contáctanos no 986 81 86 37.
No hay comentarios:
Publicar un comentario