viernes, 14 de marzo de 2014
miércoles, 12 de junio de 2013
Xogos Populares no Leliadoura
Achégase o final de curso e no Centro estamos preparando a Xincana de todos os anos no Parque de San Roque. Como novidade, este ano, ademais das Actividades de Lingua, teremos tamén Xogos Populares.
Para irdes practicando un pouco, aquí tedes un paquete de actividades feitas en Ardora por Tista Ramos. Picade na foto e accederedes ás actividades
domingo, 10 de junio de 2012
O principiño no Leliadoura
Ao longo deste trimestre, organizáronse no IES Leliadoura diversas actividades arredor da obra de Saint-Exupèry, O principiño.
Comezamos coa exposición sobre O principiño da Fundación Carlos Casares. Foi este autor quen traduciu por primeira vez ao galego este clásico universal e quen foi atesourando unha importante colección de traducións a diversas linguas. Puidemos ver exemplares nas linguas máis diversas: italiano, romanés, alemán, portugués, bergamasco, ruso, xaponés, chinés, uzbeko, macedonio...
Logo, cos traballos de creación plástica que elaboraron os alumnos de Educación Infantil da Pobra do Caramiñal e os alumnos de Plástica do noso centro, organizouse unha exposición. Na sala de Usos Múltiples coincidiron os debuxos, as creacións artísticas, os decorados e atrezzo sobre os personaxes da obra, máis exemplares traducidos...
Alumnos e profesores do centro fixeron unha lectura multilingüe d' O principiño: léronse fragmentos en castelán (Brais Regueiro), romanés (Petronela Moisoiu), galego (Xela Calvo), francés (Fernando Regueira), inglés (Pablo Vilas), chinés (Chen Hui), árabe (Karima Wahmid), latín (Esperanza Abalo) e italiano (Marusela).
Finalmente, alumnos de 2º da ESO escenificaron e teatralizaron a obra.
martes, 22 de mayo de 2012
Móllate co galego!
Un ano máis o ENDL, xunto co Dpto. de Plástica do IES Leliadoura, convocou o concurso de Deseño e Lema. Nesta ocasión o tema elixido foi o mar. Aquí tedes un pequeno vídeo cos deseños presentados. Esperamos que vos guste!
martes, 8 de mayo de 2012
II Concurso Galeoke
O ENDL organiza, dentro das actividades da Semana Cultural, a 2ª edición do concurso de Galeoke.
Anímate e participa!!
Consulta máis información.
Anímate e participa!!
Consulta máis información.
martes, 24 de abril de 2012
I Concurso de Cómic
Pois xa temos gañadores do I Concurso de Cómic organizado polo ENDL, coa colaboración dos Departamentos de Plástica e de Lingua Galega. Aquí van os seus nomes:
En breve recibirán os seus agasallos. Noraboa ás tres!!
Aquí podedes ver os seus traballos:
- Salomé Fernández González (1º ESO A): "A pantasma apesarada"
- María Crujeiras (1º BAC A): "A máquina dos contos"
- Araceli González Sampedro (4º ESO B): "Unha mala sentencia"
En breve recibirán os seus agasallos. Noraboa ás tres!!
Aquí podedes ver os seus traballos:
viernes, 4 de noviembre de 2011
Día da Ciencia en Galego
O 4 de novembro celébrase o Día da Ciencia en Galego. Á parte das actividades que imos realizar no centro, invitámosvos a ver este vídeo de symphonyofscience.com, onde fan remixes musicais a partir de fragmentos de discursos e entrevistas a científicos. Este que traducimos ao galego é "A Poesía da Realidade (Un Himno á Ciencia)", e nel distintos científicos nos dan a súa visión e explicación de que é a Ciencia.
Esperamos que vos guste!
Esperamos que vos guste!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)